Repartidos entre Febreiro, Marzo e Abril, poderemos disfrutar de grandes cantautores na cidade de Compostela no certame musical Santiautor. O chamado Santiautor é un conxunto de concertos de cantautores buscando a súa difusión e o merecido recoñecemento das súas maxestuosas cancións.
Este ano 2013 programouse xa a 4ª edición deste certame celebrado no Sónar Pub de Santiago, cunha actuación de apertura no Teatro Principal de Christina Rosenvinge, e as demáis xa no propio Sónar por parte de Marwan, Marino Sáiz, Adriana Moragues, Espido, Cardigan bridge, SéS, Iván Ferreiro e Andrés Suárez.
O venres 8 de Marzo actuará Marwan coa compaña do seu violinista Marino Sáiz ( ver vídeo ) e como artista invitada disfrutaremos de Adriana Moragues ( ver vídeo ).
O sábado 23 de Marzo estará Espido, cantando na lingua da terra galega ( ver vídeo ).
O venres 1 de Marzo atoparemonos con Cardigan Bridge ( ver vídeo ) e tamén con SéS, outra cantante galega (ver vídeo).
O venres 15 de Marzo Javier Álvarez cantará ( ver vídeo ) co artista convidado Al Vila ( ver vídeo ).
E por útimo contaremos con Iván Ferreiro ( ver vídeo ) tanto o 5 coma o 6 de Abril, este último día por esgotarse tan rapidamente as entradas para o primeiro onde actúa co ferrolano Andrés Suárez.
Todas as entradas, e os abonos para o certame, poderan conseguirse en www.cantauticket.com e na tenda A Reixa, ao lado do Pub Sónar de Santiago de Compostela.
Esperemos que sexa unha boa edición e que estes, e todos os cantautores sexan cada vez máis coñecidos e recoñecidos no mundo da música.
No hay comentarios:
Publicar un comentario