viernes, 22 de marzo de 2013

Un dos concertos do Santiautor 2013.

O pasado venres 8 de Marzo de 2013, os asistentes ao Sónar Pub de Santiago de Compostela puideron disfrutar dun concerto espectacular de Marwan, e da artista convindada Adriana Moragues.

O concerto comezou coa actuación de Adriana Moragues que levou consigo a Álvaro Ruiz, e xuntos fixeron disfrutar ao público entre música, risas, e incluso recitando un poema e tocando unha bulería, propia da terra destes cantautores. 

Álvaro Ruíz e Adriana Moragues.


Ao rematar, Marwan subíu ao escenario e presentou ao seu acompañante Marino Sáiz que compaxinou o seu violín ás cancións do cantautor dándolles unha musicalidade realmente hermosa. Marwan fixo un concerto bastante pluralizado, pois a parte das cancións, contou numerosas anécdotas persoais e do resto dos seus amigos da música, baixou a cantar entre o público a capela e rematou recitando un poema do seu libro La triste historia de tu cuerpo sobre el mío.


 
Marwan recitando o último poema do seu libro.




Marwan e Marino Sáiz - Mi paracaídas.



Os catro músicos recibiron ao final das súas actuacións un agasallo do Sonar Pub en forma de púa e recibiron a todas as persoas que quixeran sacarse fotos, firmar autógrafos, comprar discos.. Un gran concerto e, de forma xeral, un gran certame musical o Santiautor 2013.




jueves, 21 de marzo de 2013

Día Internacional da Poesía.

Hoxe, 21 de Marzo, celébrase o Día Internacional da Poesía: Un día que conmemora a todos os poetas da historia e da actualidade, como o gran Antonio Machado ou Pablo Neruda, que todos coñecemos. 

Mais neste blog, pídese un maior recoñecemento a eses poetas que todavía non pasaron á historia, ou que non publican libros e non son valorados: os poetas de blog. Grazas ás novas tecnoloxías pódese disfrutar na rede de numerosas páxinas web cunha amplia relación de poetas e poemas, como aqueles poetas sen traballo, ou aqueles que queren tamen adicar o seu tempo a publicar na rede, pero tamén se poden dar a coñecer aqueles poetas xoves que comezan, sen darse conta, a vivir dentro da poesía, publicando nos seus blogs aquelo que escriben de forma reivindicativa, intimista, reflexiva..


No tienen
parada en mi estación
algunos trenes,
aunque esté lista
para cualquier destino.
Cuando pude cogerlos
no era hora
en mi reloj biológico.
Ahora siento que estoy
desinstalada
entre vías y esperas.

                         Milagros. (Acceso ao blog).


A todas las mujeres
no sólo a las trabajadoras:

La mañana en la oficina,
la tarde comida y ropa,
por la noche no molestes
si me dices de derrota.

No molestes si me dices
que no mueva ni la boca
pues me entrego día a día
cual mujer trabajadora.

                           Carlos Pérez Casas. (Acceso á páxina).


Encontrar una flor entre las ramas,
un faro para un náufrago,
el disparo de un soldado,
un olor para la ceguera,
fuego para el frío
y tinta para el poeta, eso eres.

Puerta de atrás para un ladrón,
maquillaje para la diva,
el dominio de un jubilado,
la hoguera de una noche de San Juan
y flamenco para el gitano, eso eres.

Un desafío para la soledad.

                           Adriana Moragues. (Acceso ao blog).


Nos volveremos a encontrar. Eso seguro.
Intercambiaremos palabras blandas,
miradas esquivas, nos contaremos cosas,
vestiremos de principios nuestros caminos
y un rato después nos despediremos
sabiendo que hay historias que es preferible
terminarlas antes de que acaben contigo.
Lo malo es que de eso nos dimos cuenta tarde
cuando ya ardía la habitación, en el último round,
cuando el amor propio era ya un desguace.

                               Marwan. (Acceso ao blog).


Nos dijimos tantas veces adiós
que despedirnos
significaba reinventar un reencuentro.

Era un precipicio con vistas al mar,
y yo me hice adicta a las alturas
desde que la contemplé precipitarse sobre mi
desde el punto más alto de un sueño.

Poema completo.

                                   Elvira sastre. (Acceso ao blog).





Que o día da poesía
sexa cando nace a primavera
non é unha simple coincidencia.



viernes, 8 de marzo de 2013

Santiautor 2013.

Repartidos entre Febreiro, Marzo e Abril, poderemos disfrutar de grandes cantautores na cidade de Compostela no certame musical Santiautor. O chamado Santiautor é un conxunto de concertos de cantautores buscando a súa difusión e o merecido recoñecemento das súas maxestuosas cancións.
Este ano 2013 programouse xa a 4ª edición deste certame celebrado no Sónar Pub de Santiago, cunha actuación de apertura no Teatro Principal de Christina Rosenvinge, e as demáis xa no propio Sónar por parte de Marwan, Marino Sáiz, Adriana Moragues, Espido, Cardigan bridge, SéS, Iván Ferreiro e Andrés Suárez.

O venres 8 de Marzo actuará Marwan coa compaña do seu violinista Marino Sáiz ( ver vídeo ) e como artista invitada disfrutaremos de Adriana Moragues ( ver vídeo ).

O sábado 23 de Marzo estará Espido, cantando na lingua da terra galega ( ver vídeo ).

O venres 1 de Marzo atoparemonos con Cardigan Bridge ( ver vídeo ) e tamén con SéS, outra cantante galega (ver vídeo).

O venres 15 de Marzo Javier Álvarez cantará ( ver vídeo ) co artista convidado Al Vila ( ver vídeo ).

E por útimo contaremos con Iván Ferreiro ( ver vídeo ) tanto o 5 coma o 6 de Abril, este último día por esgotarse tan rapidamente as entradas para o primeiro onde actúa co ferrolano Andrés Suárez.

Todas as entradas, e os abonos para o certame, poderan conseguirse en www.cantauticket.com  e na tenda A Reixa, ao lado do Pub Sónar de Santiago de Compostela.

Esperemos que sexa unha boa edición e que estes, e todos os cantautores sexan cada vez máis coñecidos e recoñecidos no mundo da música.