O concerto comezou coa actuación de Adriana Moragues que levou consigo a Álvaro Ruiz, e xuntos fixeron disfrutar ao público entre música, risas, e incluso recitando un poema e tocando unha bulería, propia da terra destes cantautores.
Álvaro Ruíz e Adriana Moragues. |
Ao rematar, Marwan subíu ao escenario e presentou ao seu acompañante Marino Sáiz que compaxinou o seu violín ás cancións do cantautor dándolles unha musicalidade realmente hermosa. Marwan fixo un concerto bastante pluralizado, pois a parte das cancións, contou numerosas anécdotas persoais e do resto dos seus amigos da música, baixou a cantar entre o público a capela e rematou recitando un poema do seu libro La triste historia de tu cuerpo sobre el mío.
Marwan recitando o último poema do seu libro.
Marwan e Marino Sáiz - Mi paracaídas.
Os catro músicos recibiron ao final das súas actuacións un agasallo do Sonar Pub en forma de púa e recibiron a todas as persoas que quixeran sacarse fotos, firmar autógrafos, comprar discos.. Un gran concerto e, de forma xeral, un gran certame musical o Santiautor 2013.
No hay comentarios:
Publicar un comentario