Antigamente, para un científico o importante era experimentar o misterio, e para un poeta a ciencia era a nova nobreza, lamentándose da súa lentitude. Mais, dende a Antigüedade clásica á literatura Afterpop, encontráronse numerosos textos poéticos que tratan asuntos científicos ou utilizan terminología científica para abordar as cuestións eternas do amor, o tempo e a morte.
Deste modo, os poetas ocupáronse de todas as ciencias.
En España, neste siglo, un dos pensadores que máis se preocuparon desta relación entre poesía e ciencia, é o físico e escritor Agustín Fernández Mallo - nado na Coruña -, que afirma que o poeta é un laboratorio, e que as relacións entre estes dous conceptos sempre existiron, mais, unha conciencia de corte clásico-humanista, tentou separalas en base ao mito de que unha cousa é o factual e outra o estético. Feito refutable explicando que en toda ciencia hai estética e en todo arte, técnica, e non é posible separalos sen que exista degradación ao final.
Nos últimos tempos estase a prestar maior atención á dimensión estética da ciencia e, no propiamente literario, inténtanse cerar metáforas a través de imaxes científicas, é dicir, conceptos científicos que, descontextualizados, forman imaxes e metáforas por si mesmos.
(Fotografía : Agustín Fernández Mallo.)
No hay comentarios:
Publicar un comentario