Dalí era un lector ávido de publicacións científicas: a súa biblioteca conten máis de cen títulos de moi diversas disciplinas. Ademáis, durante toda a súa vida, o artista perseguiu o encontro con científicos de renombre: Sigmund Freud, James D. Watson (codescubridor da estrutura do ADN, premio Nobel 1962), Ilya Prigogine (premio Nobel de Química 1977) e moitos outros.
Foi amigo de investigadores en física, matemática, bioloxía... Os científicos sorprendíanse ao descubrir que, trala fachada de excentricidad e provocación, había un artista brillante con quen podían manter un diálogo frutífero a medio camino entre a ciencia e a arte.
A obsesión de Dalí pola ciencia forma parte da súa vontade de trascendencia. O pintor, que non escondeu nunca o seu medo á morte, quería crear unha obra magnífica que lle fixese perdurar no tempo. Utilizaba a linguaxe e os conceptos científicos para ir máis alá do mundo tanxible, para explorar novas dimensións que superasen a realidade cotiá.
Quizáis, o que máis lle impresionou foi descubrimento do ADN, notable en obras coma:
· El paisaje de la mariposa (1957-58)
· Árabes acidodesoxiribonucleicos (1963)
· La estructura del ADN (1975-76)
· Galacidalacidesoxyribonucleicacid (1963)
Dalí afirmaba que "a herencia depende dunha maquinaria soberana e a vida mesma é o resultado do goberno absoluto do ácido", referíndose ao ADN.
DOCUMENTAL SOBRE A RELACIÓN DE DALÍ COA CIENCIA ( pincha aquí )
No hay comentarios:
Publicar un comentario